CRTVG

Buscar

Expertos en Saúde Pública advirten do risco de repunta nas cidades pola chegada dos universitarios

Publicado o 15/09/2021 14:39

As cidades son agora o novo punto quente da vixilancia epidemiolóxica en Galicia. Os expertos en Saúde Pública advirten do risco de repunta que supón o traslado simultáneo ás áreas urbanas de decenas dos universitarios.

Son decenas de miles de mozos que deixaron os seus territorios de orixe para residir de luns a venres nas cidades onde cursan os seus estudos, "e o virus pode ir con eles", advirte Alberto Ruano, profesor de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC . "Seguimos sabendo que hai un terzo de todos estes casos que poden ser asintomáticos pero, tamén por outra banda, sabemos que a cobertura vacinal aínda é relativamente baixa neste grupo".

Son o grupo de idade onde a porcentaxe de inmunizados é menor, aínda que segue en aumento. A maioría están desexosos da vacina, conscientes de que este inicio de curso pode ser delicado ata que a práctica totalidade complete a pauta. As clases serán seguras e con medidas, explican desde as institucións académicas, pero as autoridades pídenlles prudencia tamén no ámbito privado. E que se vacinen, porque ese é o mellor xeito de contribuír á fin das restricións.

Noticias web

15/09/2021