CRTVG

Buscar

Exhuman o corpo de Déborah Fernández en busca de probas que aclaren a súa morte

Publicado o 18/05/2021 14:01

Baixo un amplo dispositivo policial, a autoridade xudicial procedía a exhumación dos restos de Déborah Fernández no cemiterio de Pereiró. É un día importante para a familia da moza viguesa na súa loita por aclarar a súa morte.

"É un día moi duro para a nosa familia ter que vernos na obrigación de levantar o corpo da nosa irmá desanove anos depois, é un proceso moi arduo", di Rosa Fernández Cervera, irmá de Déborah.

Os forenses buscarán restos de ADN, lesións, calquera sinal que bote luz sobre o seu falecemento.

"É incomprensible que non se buscara adn baixo as unllas de Deborah", explica Ramón Amoedo, avogado da famiia.

O caso pechouse provisionalmente ata en 15 ocasións por falta de probas. Agora ademais do corpo de Déborah vaise analizar o disco duro do seu ordenador.

"O féretro esta ben conservado. Si a autoridade xudicial aprobou a exhumación é porque entende que non se fixeron cousas e que pode haber algún resultado. Temos que agarrarnos a esa esperanza e conseguir o que familia leva pedindo, xustiza para Deborah", engade Nacho Amoedo, avogado da familia.

Déborah Fernández desapareceu o 30 de abril de 2002 cando saíu facer deporte pola zona de Samil. Dez días despois o seu corpo foi encontrado espido nunha gabia no Rosal, a uns 40 quilómetros de onde vivía.

Noticias web

18/05/2021