CRTVG

Buscar

Exceso de mortaldade en agosto en España, segundo o MoMo

Publicado o 31/08/2020 16:05

As cifras oficiais de mortos que dá o Ministerio volven estar desfasadas con respecto a outros indicadores. A alerta saltou no sistema de vixilancia da mortaldade que ten o Centro Nacional de Epidemioloxía, e que se coñece como MoMo. Pois ben, o MoMo de agosto di que houbo 2.505 mortes máis das previsibles para ese mes. E o dato aínda se vai revisar á alza, porque hai atrasos na notificación.

As cifras de mortos que recolle o MoMo sácanse dos rexistros civís, e non reflicte as causas dos falecementos, pero serve como referencia para detectar anomalías no exceso de mortalidade de agosto, un mes en que os contaxios por coronavirus se estenderon por toda España.

Europa ten un sistema igual, o Euromomo, e revela que este exceso de mortes en agosto só se deu en dous países do continente: o noso e Bélxica.



 

Noticias web

31/08/2020