CRTVG

Buscar

Exceltur revisa á baixa a previsión de reservas de turistas internacionais

Publicado o 14/07/2021 21:41
Exceltur revisa á baixa a previsión de reservas de turistas internacionais

A patronal do Turismo, Exceltur, revisou á baixa a actividade turística prevista para este 2021. Cifra o peche do ano nuns 80.000 millóns de euros, a metade ca no 2019. Advertiron da negativa repercusión internacional da suba de contaxios, que freou as reservas e minguou as esperanzas que estaban postas neste verán. O Reino Unido daba outro varapao ao turismo español ao poñer ás Baleares na súa lista ámbar, co que lle esixirá corentena aos seus cidadáns cando regresen delas. Pola contra, Exceltur salienta as "notables reactivacións" das comunidades do norte, impulsadas polo atractivo do Camiño de Santiago.

Noticias web

14/07/2021