Evolucionan favorablemente os tres traballadores ingresados tras o accidente dun autobús en Oia
Publicado o 10/09/2020 14:44
Evolucionan favorablemente os tres traballadores de PSA que continúan ingresados en hospitais vigueses tras o accidente dun autobús en Oia. Na xornada de onte máis dunha ducia recibion a alta médica. No Álvaro Cunqueiro continúa un dos feridos que tivo que ser intervido cirurxicamente e no hospital Vithas Fátima recupéranse un home e unha muller. En ningún dos casos hai risco para as súas vidas. O sinistro producíase o martes á noite cando un cabalo se cruzou na estrada pola que ía o autobús de volta á Guarda cos traballadores da quenda de tarde de PSA.