CRTVG

Buscar

Evo Morales está de novo en Bolivia

Publicado o 10/11/2020 08:49

Evo Morales volveu a Bolivia ao outro día de que Luis Arce asumira a presidencia do país andino.
Morales cruzou desde A Arxentina a fronteira na localidade boliviana de Villazón, onde o recibiu unha multitude.
O exmandatario boliviano iniciou unha caravana para chegar mañá a Chimoré, o lugar desde o que saíu cara a México o once de novembro do ano pasado tras renunciar á Presidencia do país, segundo dixo, por un golpe de Estado.

Noticias web

10/11/2020