CRTVG

Buscar

Evitar as exposicións prolongadas ao sol para previr un dos tumores máis comúns, o cáncer de pel

Publicado o 14/06/2021 20:05

Máis de 9 de cada 10 casos de cáncer de pel teñen a súa orixe nunha exposición prolongada ao sol a través dos anos ou ben por queimaduras.

O máis frecuentes son os carcinomas; pero aínda que representa só o 5% dos casos o melanoma é o máis agresivo. No día europeo da prevención desta enfermidade, os especialistas alertan do uso das cabinas de bronceado.

Agora que comeza a temporada de verán e a modo de precaución os especialistas recomendan reducir as exposicións directas ao sol xa sexa por deporte, traballo ou calquera outra actividade. En caso de non poder evitalo aconsellan facer uso de filtros de alta protección solar.
 

Noticias web

14/06/2021