CRTVG

Buscar

Evacúan ferido un home en Celanova tras un incendio na súa vivenda

Publicado o 22/09/2021 11:59

Foi conta as tres da mañá cando os veciños alertaron do lume. Un forte ruído espertounos. Ao acceder a vivenda atoparon o home sentado nas escaleiras, con queimaduras.

Foi trasladado ao complexo hospitalario de Ourense e de aí á unidade de queimados do CHUAC. Ten 82 anos e vive só. A súa vivenda ardeu completamente. Os bombeiros da Mancomunidade de Celanova concentraron os seus esforzos en salvar as casas lindeiras.

Unha delas tamén se viu afectada. Os veciños xa temían que puidese acontecer algo así. Dín que acumulaba todo tipo de obxectos e prendía lume en papeis para quentarse. Servizos sociais estuda o sucedido, mentres as forzas de seguridade intentan determinar a orixe do lume.

 

Noticias web

22/09/2021