Evacúan en helicóptero unha muller atropelada por un camión na Cañiza
Publicado o 16/10/2021 19:36

Unha muller precisou ser evacuada nun helicóptero este sábado despois de sufrir un atropelo por un camión na Cañiza.
Para atender a ferida os profesionais de urxencias sanitarias mobilizaron a aeronave medicalizada do Sergas con base en Ourense, que se desprazou ata a saída da A-52, o lugar do atropelo.
Unha testemuña asegurou que o condutor do camión continuou a marcha tras o impacto. Ata o lugar do accidente desprazáronse ademais das urxencias sanitarias, membros do GES de Ponteareas, axentes da Garda Civil de Tráfico e o servizo de mantemento da vía.