CRTVG

Buscar

Evacuados en helicóptero tres tripulantes dun veleiro que quedou sen temón na costa de Oia

Publicado o 25/09/2020 20:53
Evacuados en helicóptero tres tripulantes dun veleiro que quedou sen temón na costa de Oia

Tres dos catro tripulantes dun veleiro tiveron que ser trasladadas no helicóptero 'Pesca I' de Gardacostas ao Hospital Álvaro Cunqueiro, en Vigo, despois de que a embarcación perdera o temón e quedase á deriva con mal tempo a media milla de Oia. Segundo informan fontes de Salvamento Marítimo, o veleiro 'Lea María' emitiu un o aviso sobre as 17,30 horas da tarde deste venres, no que incidaba que as condicións meteorolóxicas na zona eran "bastante malas", con ondas de 2,5 metros e ventos de 22 nós. 

Ademais, o alertante indicaba que un dos tripulantes levara un golpe. Así, desprazouse ata o punto o helicóptero de Gardacostas 'Pesca I', que desprazou ao ferido e a outras dúas persoas até o Hospital Álvaro Cunqueiro. Seguidamente, chegou ao lugar a 'Salvamar Mirach' para efectuar os labores de remolque do 'Lea María', co cuarto tripulante a bordo, ata o porto de Cangas