CRTVG

Buscar

Evacuado logo de caer nas rochas cando tentaba rescatar unha cabra en Mondoñedo

Publicado o 11/10/2021 14:08

Paseaba as súas cabras nunha aldea mindoniense de Tronceda, cando un dos animais caeu por un burato nun lugar de difícil acceso. Cando o home tentaba rescatala perdeu o equilibrio e caeu entre dous penedos por unha altura de case 2 metros. Por fortuna, puido pedir auxilio chamando o 112. Pronto chegou o seu irmán acompañado de efectivos da Policía Local, os servizos sanitarios e os bombeiros de Barreiros.

O home foi trasladado durante máis dun quilómetro nunha padiola ata a ambulancia en que foi evacuado ao hospital de Burela. Estaba moi nervioso, pero non sufriu feridas de consideración.

Final feliz tamén para a cabra, que tan só necesitou unha pequena axuda para saír por si mesma do lugar onde caera.

 

Noticias web

11/10/2021