CRTVG

Buscar

Evacuado en helicóptero desde Camariñas un home intoxicado ao comer unha planta brava

Publicado o 25/05/2021 13:20

Unha xornada de sendeirismo pola fermosa ruta dos faros da Costa da Morte puido acabar en traxedia. Un camiñante decidiu comer un rizoma dunha planta e acabou trasladado ao hospital da Coruña cunha intoxicación moi severa.

Estaban ao pé da subida que leva ao faro de cabo Vilán cando un deles comezou a poñerse mal. Eran tres sendeiristas e chamaron o 112. Unha ambulancia chegou ata o lugar alí explicáronlle ao persoal de emerxencias que comera parte dunha planta ventureira. Polas explicacións, parece ser que concretamente comeu un pequeno tubérculo. Tamén se barallou a posibilidade que no canto dunha intoxiación sufrise unha reacción alérxica grave. Ata o lugar tamén se desprazou Protección Civil.

Xosé Manuel Tedín, Protección Civil de Camariñas: "Chamounos o 112, que unha persoa de 30 anos comera unha planta venenosa. Ao final o que comeu é como unha ceboliña dunha planta que lle fixo mal. Veu unha ambulancia buscalo e despois tiveron que chamar o helicóptero para que lles trouxese un soro, e logo xa o levaron para a Coruña. Eran sendeiristas que veñen facer o Camiño dos Faros, supoño que pensaron que era outra, cousa comérona e fíxolle mal".

O home, duns trinta anos, anos tivo que ser trasladado en helicóptero ao hospital da Coruña por mor da intoxicación que sufriu. Antes de iniciar o voo, os sanitarios xa lle administraron un antídoto, dada a gravidade dos síntomas. O intoxicado foi dado de alta horas despois do ingreso hospitalario. O evacuado chegou desde A Coruña con outros dous amigos para facer o Camiño dos Faros.

Noticias web

25/05/2021