Evacuada unha muller con queimaduras tras a explosión dunha bombona en Lugo
Publicado o 12/03/2021 15:17

Hospitalizada en Lugo unha muller polas queimaduras que sufriu nun incendio declarado na súa casa. Ocorreu nun inmoble do barrio da Milagrosa. Ao parecer, o sinistro debeuse á explosión dunha bombona de gas.
Provocou grande alarma na zona e obrigou a desaloxar outro edificio. Foron os propios veciños os que alertaron a Policía Local e os Bombeiros. A muller quedou ferida na cara e nun brazo. Por fortuna, os seus cinco fillos, todos eles menores de sete anos, saíron ilesos.