Evacuada a Torre Eiffel por ameaza de bomba
Publicado o 23/09/2020 13:45

A policía francesa desaloxou a Torre Eiffel tras recibir unha chamada anónima que alertaba dunha ameaza de bomba.
Despois de recibir a chamada, a Policía púxose en contacto coa empresa que xestionaba Torre e iniciou a busca do artefacto. Estableceuse un perímetro de seguridade arredor do monumento.
Un xornalista de BFM París publicou imaxes en Twitter que mostran a presenza de policías armados con rifles de asalto nas rúas adxacentes.
Tour Eiffel évacuée et quartier bouclé après une alerte à la bombe. Un appel anonyme à la police a indiqué qu’une bombe a été déposée. pic.twitter.com/1hPqo6EAGR
— Amandine Pointel (@AmPointel) September 23, 2020