Evacuacións masivas na illa grega de Eubea polos incendios
A illa grega de Eubea é un inferno. O vento e as maiores temperaturas en tres décadas fan imposible controlar o lume, que os veciños intentan apagar co que teñen.
Quéixanse de falta de medios e de que o Goberno priorizou outras zonas do país. Despois de sete días ardendo, o desastre natural é incalculable. Milleiros de persoas de 50 localidades tiveron que ser evacuadas.
Segue ardendo o Peloponeso pero mellora a situación nos arredores de Atenas, onde vixían que o lume non reviva.
En Italia, Sicilia declarou o estado de emerxencia polos incendios que non dan tregua. Ata 50 focos asolan a illa. O centro e sur do país están en alerta pola vaga de calor que se prevé esta semana.
En Turquía, a maioría dos incendios foron controlados, quedan activos seis, pero as lapas volven ameazar a central térmica ao suroeste do país.
Nos Estados Unidos, o estado de California segue asolado por once incendios forestais. O incendio Dixie, que se iniciou a mediados de xullo, converteuse xa no segundo máis grande da historia deste estado.