Eva Mejuto recomenda tres libros singulares que convidan á reflexión
Publicado o 11/11/2020 17:47
A escolla de libros singulares pasa por unha autoedición dun 'silent book': 'Que vén o lobo', de Marcos Viso.
'Aramados', editado por Alvarellos e traducido por Miro Villar é un diario escrito polo xornalista e político Manuel García Gerpe, preso nun campo nazi en 1939. Finalmente recomenda un manual de ecoloxía doméstica: 'Limpeza creativa', editado por Catroventos que quere darlle a volta a hábitos cotiáns por alternativas ecolóxicas e saudables.