Euskadi prepara unha lei de saúde cunha controvertida alusión á vacinación obrigatoria
Publicado o 13/08/2021 10:53

O Goberno vasco prepara unha lei autonómica de Saúde Pública. No seu borrador recolle un punto controvertido: que en futuras pandemias sexa obrigatorio vacinarse, se as autoridades teñen o aval da xustiza. Esta mesma proposta tamén estivo incluída na lei galega, pero finalmente caeu tras ameazar o Goberno central con recorrela ante o Tribunal Constitucional.