CRTVG

Buscar

Euskadi pecha a hostalería e adianta ás 22 horas o toque de queda

Publicado o 05/11/2020 20:15


 Euskadi pechará os establecementos de hostalería e restauración e adianta ás 22.00 horas o inicio das restricións de mobilidade nocturna como medidas, que entrarán en vigor o vindeiro sábado, para tentar parar a transmisión comunitaria da covid-19.medidas. O lehendakari, Iñigo Urkullu, presidiu este xoves unha reunión do consello asesor do Plan de Protección Civil de Euskadi e, tras ela, compareceu para anunciar o endurecemento das restricións vixentes actualmente en Euskadi co obxectivo de parar os contaxios da covid-19, unha pandemia que alcanzou, por primeira vez, unha taxa de positividade do 10 %.

Estas novas medidas avanzan nas decretadas polo Gobierno Vasco fai dez días, xusto a xornada na que Euskadi superou a incidencia acumulada en catorce días de 500 casos de covid por cada 100.000 habitantes. No boletín epidemiolóxico feito público este xoves a taxa supera xa os 763 casos, e hai 107 pacientes en camas UCI fronte aos 74 que había o 26 de outubro.

Ata o de agora estivo vixente o peche perimetral de Euskadi con outras comunidades autónomas, unha medida que aínda estará activa, polo menos cinco días máis, e a limitación máxima da mobilidade entre municipios, así como a restrición a esa mobilidade nocturna entre as 23.00 e as 06.00. horas. 

"É fundamental restrinxir todo o posible a nosa vida social e mobilidade. Se non o facemos, estaremos condenados a un novo confinamento. Adoptamos estas novas medidas para poder chegar ao Nadal nas mellores condicións posibles", di o lehendakari Iñigo Urkullu.

 

 

Noticias web

05/11/2020