Euskadi decreta o estado de emerxencia sanitaria abrindo a porta aos confinamentos
Publicado o 13/03/2020 15:15
Euskadi é a segunda comunidade máis afectada polo virus con máis de 400 casos e 14 mortos, segundo os últimos datos deste mediodía.
E as autoridades consideran que o peor aínda non pasou. Por iso, nunha reunión extraordinaria activaron a declaración de alerta sanitaria.
O lehendakari asume o mando único da situación e podería asinar o illamento de poboacións enteiras se fose necesario.
Foi unha conferencia de prensa sen xornalistas, para evitar contaxios, con preguntas telemáticas. O lehendakari anunciou tamén medidas económicas para compensar a parada da actividade e un primeiro fondo de urxencia de 300 millóns para Sanidade.
Ademais, por primeira vez deu tamén datos de persoas que tiñan o virus na comunidade e xa curaron, son 9.