CRTVG

Buscar

Euskadi declara a emerxencia sanitaria fronte ao coronavirus

Publicado o 17/08/2020 11:09

O Goberno vasco declara hoxe a situación de emerxencia sanitaria para frear a expansión do virus. Adoptarán novas medidas restritivas en capacidade, reunións e hostalería.

O lehendakari asume o mando único para xestionar a pandemia dende hoxe cun marco xurídic o que lle permite implantar novas medidas segundo as necesidades. Retómase a emerxencia sanitaria, que xa tiveran a principios de marzo, ante o incremento de contaxios, con máis de 600 novos casos en 24 horas. En total, uns 4.000 positivos.

E mañá mesmo impoñerán novas restricións. Aínda que descartan un confinamento total.
Preocupa tamén a situación en Madrid. Hoxe empezan alí os test aleatorios nas zonas máis castigadas, como Carabanchel, Usera ou Vallecas.

Chamarán a persoas de entre 15 e 49 anos, as que maior taxa de contaxios teñen actualmente.

Os médicos madrileños piden reforzos nesta fase crítica: "Está, probablemente, habendo contaxios comunitarios que non detectamos e que van producir unha repunta moi brusca, que xa se está comezando a ver".

Cinco comunidades aplican xa as medidas acordadas no Consello Interterritorial de Saúde, de peche do ocio nocturno e as restricións para fumar.

Noticias web

17/08/2020