CRTVG

Buscar

Europa supera os 60 millóns de contaxiados por coronavirus

Publicado o 03/08/2021 08:28
Europa supera os 60 millóns de contaxiados por coronavirus

Europa superou os 60 millóns de infectados por coronavirus, segundo os últimos datos trasladados pola Organización Mundial da Saúde.

O seu director de emerxencias para o continente, Dorit Nitzan, quixo recordar algo: "A fin da pandemia aínda está máis alá no horizonte". Unhas palabras coas que quixo chamar a atención sobre os esforzos que teñen que seguir a facer os países para protexer a poboación, sobre todo, aos máis vulnerables.

A OMS insta a impulsar a vacinación, desigual nos diferentes países, e amosou o seu apoio á produción de vacinas e a compartir doses.

Noticias web

03/08/2021