CRTVG

Buscar

Europa sitúa Galicia fóra da zona de risco por covid

Publicado o 21/06/2021 14:57

A nosa comunidade queda fóra da zona de risco por covid pola súa evolución positiva. Galicia entra en zona verde. Ou, o que é o mesmo, fóra de risco, xunto á Comunidade Valenciana e as Baleares.

Quen di isto é o Centro Europeo para a Prevención e o Control de Enfermidades, que elabora todas as semanas un mapa de risco como referencia para adoptar posibles restricións. E para situar Galicia fóra de risco ten en conta a incidencia acumulada a 14 días, a taxa de positividade da proba e a taxa de probas. 

Noticias web

21/06/2021