Europa, pendente da decisión sobre o "brexit" no Parlamento británico
Publicado o 19/10/2019 09:50
Este sábado todas as olladas están tamén pendentes do Reino Unido. O Parlamento británico votará en pouco máis dunha hora o acordo para o brexit alcanzado polo Goberno británico e a Unión Europea e non está nada claro o que pode pasar. Ata última hora Boris Johnson e o seu equipo continuarán intentando gañar algúns votos que poden ser esenciais.