Ethel Vázquez critica a Pedro Sánchez polo "portazo" a Galicia no traspaso da AP-9
Publicado o 07/04/2019 18:26
Nunha entrevista na Radio Galega, a conselleira de Infraestuturas, Ethel Vázquez, asegurou que o Goberno central estalle a poñer "unha alfombra vermella" ao País Vasco coa transferencia da Ap-68, mentres que a Galicia lle dá "un portazo" manténdose remiso ao traspaso da AP-9.
Ethel Vázquez dixo que seguirán a traballar para conseguir ese traspaso de titularidade, que defendeu como "viable". Asegurou ademais que a AP-9 cumpre máis condicións que a Ap-68 para ser transferida.