CRTVG

Buscar

Estudantes Erasmus participan nunha xornada de convivencia en Lugo

Publicado o 02/10/2021 21:36

Un grupo de estudantes internacionais, procedentes de máis de 30 países diferentes, e beneficiarios dunha bolsa Erasmus, participaron esta fin de semana nunha xornada de convivencia en Galicia. Visitaron varias localidades da provincia de Lugo, entre elas a praia das Catedrais.

A actividade organízaa a Asociación de Estudantes de Intercambio de Santiago de Compotela, unha organización que busca a integración da rapazada que participa nos intercambios, tanto nacionais coma internacionais.

A asociación está formada por voluntariado que estuda nos campus da USC, tanto no de Lugo coma no de Santiago. Para o estudantado foráneo, esta axuda á integración é esencial para sentirse aquí coma na casa.

Noticias web

02/10/2021