Estudan outro posible caso de reacción adversa á vacina de AstraZeneca en España
Os responsables de Saúde de Menorca acaban de notificar un caso dunha posible reacción adversa grave á vacina de AstraZeneca.
Trátase dunha muller de 38 anos que recibiu a primeira dose do fármaco o seis de marzo e a que se lle diagnosticou a síndrome de Guillén-Barré, un transtorno pouco frecuente e de orixe descoñecida na que o propio sistema inmunitario lesiona as capas protectoras dos nervios.
"Notificamos este cadro igual que facemos con calquera reacción adversa a calquera medicamento e así debemos facer na farmacovixilancia ante a sospeita, porque é unha sospeita pola temporalidade" di Tamara Contreras, directora médica do hospital Mateu Orfila.
A paciente acudiu ao servizo de urxencias do hospital de Mahón o domingo pasado, cunha cefalea intensa. O xoves volveu con dor cervical e lumbar e debilidade nas pernas."Está na UCI e leva moi pouco tempo para saber como será a súa evolución. Agardamos que sexa boa e o esperable é que sexa boa".
Polo momento non se puido establecer unha relación directa de causa-efecto entre a enfermidade e a vacina polo que as autoridades sanitarias piden calma.