CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Estréase o festival Abride a Fiestra organizado pola Fundación Rosalía de Castro

Publicado o 03/07/2018 21:39
A Fundación Rosalía de Castro organiza en Padrón o festival Abride a Fiestra. Na Casa de Matanza de Padrón, onde morreu Rosalía, presentouse hoxe a primeira edición do festival. Alén das propostas musicais, encabezadas por Mercedes Peón, durante os tres días haberá visitas guiadas, teatralizacións, recitais poéticos e, o sábado, terá lugar a tradicional subida en dorna de Valga a Padrón. O día grande será o domingo, cunha xornada de portas abertas na Casa Museo da localidade.

Telexornal Serán

03/07/2018