Estreas nos cine para este día festivo
En moitas datas de Nadal como a de hoxe, as carteleiras de cine tiveron nomes de grandes actrices neste título que volve versionarse neste 2019.
Mujercitas
Katherine Hepburn, Elizabeth Taylor, Winona Ryder... e Saoirse Ronan. Greta Gerwig recolle o clásico estreado por primeira vez no 1933 e dalle unha nova volta a esta historia de feminismo e sororidade no ámbito familiar. Jo, Amy, Beth e demais mulleriñas volven a escena.
Cats
É un dos musicais máis representados en Broadway e no West End. A súa chagada á pantalla grande é unha aposta polo baile gatuno mesturado cos efectos especiais baixo a dirección de Tom Hopper. Un miaño de difícil interpretación.
La verdad
Catherine Deneuve é a nai, Juliette Binoche é a filla. As dúas actrices francesas de referencia nun man a man de sentimentos agochados e retranca familiar coa mundo da actuación como pano de fondo.