CRTVG

Buscar

Estrea en Madrid da comedia galega 'Cuñados'

Publicado o 06/04/2021 22:21

Hoxe en Madrid e moi pronto nos cines de toda España, humor universal con ADN galego, con equipo galego diante e detrás das cámaras e, como non, con viño galego para regar unha comedia disparatada, con falso secuestro incluído.

Eis os cuñadísimos. Tres moinantes que para solucionar un problema se meten noutro máis grande. Non é a primeira vez que Miguel de Lira, Fedrerico Pérez e Xosé Antonio Touriñán se xuntan na ficción. Desta volta fano baixo as ordes do ourensán Toño López, que con Cuñados debuta na gran pantalla.

María Vázquez, entre outras, forma parte da réplica feminina. Todas e todos se enredan na primeira longametraxe da produtora galega Portocabo. Historia aloucada e esmendrellante que desde este venres xa estará nos cines.

Noticias web

06/04/2021