CRTVG

Buscar

Estrea de Biden no G-7, que impulsará a súa proposta de fixar un imposto mínimo de sociedades do 15%

Publicado o 11/06/2021 20:49
Estrea de Biden no G-7, que impulsará a súa proposta de fixar un imposto mínimo de sociedades do 15%

Os líderes dos sete países máis ricos do mundo discuten desde hoxe no condado británico de Cornualles sobre a saída da crise do coronavirus. Prevese que da cita saia o compromiso de repartir mil millóns de vacinas entre as nacións máis pobres. Tamén se espera impulsar a proposta norteamericana e fixar un imposto mínimo de sociedades do 15%. É o seu primeiro cumio presencial do G7 en case dous anos, e tamén o debut nunha xuntanza deste tipo do presidente estadounidense Joe Biden.
 

Noticias web

11/06/2021