CRTVG

Buscar

Estragan o coche do presidente de Novas Xeracións do PP de Ourense

Publicado o 03/06/2019 15:50
Estragan o coche do presidente de Novas Xeracións do PP de Ourense

O Partido Popular denuncia o acto vándalico do que foi vítima o coche do presidente de Novas Xeracións en Ourense. O vehículo apareceu con estragos no parabrisas e nos faros dianteiros.

Ademais, raiaron o capó e o maleteiro do coche con frases como "peperos, fóra" ou "kazikes". O turismo estaba aparcado nun garaxe do barrio de Barrocás. O seu propietario, Alberto Fraguas, xa presentou denuncia na Policía Nacional. Dende o Partido Popular cualifican o ataque como un atentado contra a liberdade ideolóxica e como un delito de odio, inaceptable, din, en democracia.

Noticias web

03/06/2019