Mantense cortada e pendente das obras de reparación a estrada de Belesar a Chantada
Un socavón de grandes dimensións ocupa a metade da calzada, Cedeu o firm e o muro que acabou no río. Todoa apunta as f¡iltracións de auga como causa da derruba. Entre os veciños hai todo tipo de opinións sobre o que provoca esas filtracións.
"Xa había buratos, entre a auga, o aire e o peso do asfalto, e tamén os anos ", din os veciños
"O muro está mal feito e logo as embarcacións que pasan rapido e fai moita oleaxe , vai cavando quedan as pedras soltas e vai todo abaixo"
O corte da estrada causa importantes trastornos as adegas que hai nesta ribeira do río. Os turistas que agora chegan ata aqui deben dar un rodeo de máis de quince quilómetros se queren acceder as adegas.
"o problema vai ser a afluencia de turistas, a xente que desembarca aqui en Belesar ten que duplicar os quilómetros para chegar a adega", manifesta Andrea Vázquez da adega Condado de Sequeiros.
Preocupación tamén entre os veciños que a estrada non se arranxe antes do comezo da vendima. Xa que por aqui acceden os remolques que transportan as uvas da viñas.
"Agora na vendima vainos fastidiar máis porque teño que pasar as uvas dun lado para outro", engade este veciño.
A estrada podería estar pechada varias semanas xa que segue a haber risco de derruba e os danos no firme e no muro son importantes.