Estoupa un local de kebabs en Guadalaxara
Publicado o 27/08/2021 15:59
Un local de kebabs de Guadalaxara quedou desfeito por un estoupido a madrugada pasada.
O lume non chegou ás vivendas do edificio grazas á rápida intervención dos bombeiros, aínda que 40 veciños foron desaloxados por precaución.
As primeiras pescudas apuntan a unha acumulación de gas.