CRTVG

Buscar

Estes son os concellos que están en vixilancia especial polo aumento de casos

Publicado o 16/12/2020 14:57

Verín foi un dos primeiros concellos galegos que se viu gravemente afectado nesta segunda vaga da pandemia, cun pico de 92 casos activos. Coas limitacións máis estritas foi mellorando ata chegar a ter un só positivo. Dende o alivio das restricións, a finais de novembro, volveron medrar os contaxios de novo.

Volve así a preocupación neste concello, que xa estivo confinado perimetralmente case un mes. Pero ademais de Verín, o comité clínico vixía tamén de xeito especial polo aumento de casos O Barco, Cedeira e San Sadurniño

Sanidade mantén tamén a vixilancia na Rúa, onde xa teñen as restricións altas. Nos últimos 14 días detectaron 31 novos casos, seis nun cribado no que participaron máis dun milleiro de persoas.

Noticias web

16/12/2020