CRTVG

Buscar

Estes son os nove concellos con peor incidencia a sete días

Publicado o 09/06/2021 11:00
Estes son os nove concellos con peor incidencia a sete días

A pandemia evoluciona favorablemente en Galicia. Con todo, hai algúns concellos que presentan incidencias acumuladas a sete días (a de referencia para a Xunta á hora de tomar medidas) con niveis non tan baixos como a maioría.

Cómpre ter en conta dous factores importantes. O primeiro é que moitos dos concellos que adoitan estar en niveis altos teñen menos de nove casos nunha semana. A razón de estaren en niveis altos é a súa escasa poboación, que dispara a ratio de positivos por número de habitantes.

Outro factor é que non está a terse en conta o número de persoas vacinadas, e daquela as incidencias acumuladas (calculadas sobre a poboación total) xa non marcan dun xeito tan claro o ritmo de contaxios ou anticipan necesariamente repuntas nos hospitais, ao diminuír a virulencia e a letalidade nos colectivos vacinados.

Os nove concellos galegos que presentan niveis de incidencia superiores a 125 casos por cada 100.000 habitantes a sete días son Toques (o único que supera os 250), Outeiro de Rei, Soutomaior, Lousame, Mañón, Triacastela, O Vicedo, Beariz e Zas.