CRTVG

Buscar

Este xoves celébrase o Día Mundial do Aforro Enerxético en plena escalada de prezos

Publicado o 20/10/2021 20:43

O custo da electricidade está a ter tamén impacto no comportamento dos consumidores, que buscan fórmulas para tratar de aforrar no gasto de enerxía.

Frigoríficos e lavadoras son os electrodomésticos de eficiencia enerxética máis demandados. En marzo deste ano a Unión Europea modificou a súa etiquetaxe para que resultara máis clara ao consumidor. Un cambio que aínda está en proceso e que culminará a finais de novembro.

Son máis caros, polo que poden implicar un esforzo económico para as familias, pero decantarse por uns modelos ou outros axuda a recortar a factura por consumo eléctrico.

A redución do consumo de enerxía pode mesmo chegar nalgúns casos ata o 50 %.

Noticias web

20/10/2021