CRTVG

Buscar

Este setembro pódese viaxar desde os aeroportos galegos a 16 destinos estatais e nove internacionais

Publicado o 02/09/2021 16:38

Aínda que a maioría pensa na volta á rotina, moitos elixen coller as vacacións en setembro. Nestas datas a opción de voar cara a outros destinos volve converterse nunha das máis atractivas, animada polas ofertas de voos a custo baixo. Algo que se notaba hoxe na actividade dos aeroportos galegos coma o de Santiago.

Por un prezo medio que non chega aos 20 euros este mes de setembro é posible viaxar desde Galicia a varios destinos, tanto nacionais como internacionais. É a aposta da maioría das aeroliñas por tratar de recuperar ingresos perdidos durante a pandemia. Iso si, para poder coller estas ofertas é recomendable reservar con bastante antelación.

O ambiente hoxe no aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro, agás polas máscaras. podería ser o de calquera día de principios de setembro prepandemia. Moito destino de sol e praia e gana de vacacións.

Unha actividade animada polas agresivas ofertas da maioría das compañías aéreas, que buscan recuperar a actividade perdida coa crise do coronavirus, con voos por menos de 20 euros ás illas e ao Mediterráneo, e mesmo a destinos coma Frankfurt ou Londres:

Iso si, ofertas para prazas limitadas e mercadas con antelación, algo ao que comezan a estar habituados os viaxeiros.

Este mes de setembro poderase viaxar desde os tres aeroportos galegos a 16 destinos estatais e nove internacionais.

Noticias web

02/09/2021