CRTVG

Buscar

"Ons", de Alfonso Zarauza, vencedora dos Mestre Mateo con nove galardóns

Publicado o 10/04/2021 21:32

As películas Ons e A Illas das Mentiras repartíronse os grandes premios do audiovisual galego na gala atípica dos Mestre Mateo que se celebrou este sábado pola tarde na Coruña.

A cinta de Alfonso Zarauza Ons, con trece candidaturas logrou a distinción como a mellor longametraxe nos Mestre Mateo e outros oito premios máis, entre eles o do mellor actor protagonista, que recaeu en Antonio Durán "Morris", quen non puido estar na gala polo seu traballo no teatro en Madrid. Son nove premios, co que se converte na triunfadora da gala. Tamén recibiu o da mellor intérprete feminina protagonista, que foi para Melania Cruz.

A Illa das Mentiras, de Paula Cons, obtivo cinco galardóns das once candidaturas que tiña. Entre eles o premio para a mellor dirección á súa directora Paula Cons. Unha película ambientada en 1928, baseada en feitos reais nun naufraxio na illa de Sálvora.

Se o mellor intérprete masculino de reparto foi Milo Taboada pola Illa das Mentiras, a mellor intérprete feminina de reparto foi Marta Lado por Ons.

Foron varias as categorías nas que resultaron premiadas producións participadas pola TVG. 

A gala contou cun protocolo especial por mor da covid. 

Noticias web

10/04/2021