CRTVG

Buscar

Este sábado celébrase A hora do planeta

Publicado o 26/03/2021 20:46
Este sábado celébrase A hora do planeta


E mañá, 27 de marzo, celébrase a "Hora do Planeta", un simple xesto ecoloxista ao que estamos invitados todos os cidadáns. Consiste en apagar as luces de casas, edificios, oficinas e monumentos durante unha hora, de oito e media a nove e media da noite.
Este movemento mundial contra o cambio climático naceu en Australia en 2007, como un xesto simbólico para chamar a atención sobre a perda da biodiversidade.

 

Noticias web

26/03/2021