Este sábado abre en Santiago a primeira Feira do Libro en Europa tras o confinamento
Os libros , non todos, só os elixidos polos libreiros, saen das librarías unha vez ao ano para ir de feira.
A COVID-19 obrigou as letras tamén a estar confinadas. En Santiago, saen as primeiras. Este ano, a feira, será sen carpa, ao aire libre, baixo o teito das follas das árbores da Alameda, que semella queren acariñar uns títulos que, seguramente, van sentirse raros ante as novas medidas de seguridade.
Uns seis mil exemplares durmirán baixo luz ultravioleta para escapar do virus. Nas seis casetas, a metade que o ano pasado, os libros verán os rostros dos lectores por vez primeira con máscaras nunha feira do libro onde, a COVID-19 obriga a mostrar o programa sen papel, en código QR.
Haberá cambios, pero durante nove días haberá corenta autores asinando libros. Máis ca nunca. Con Covid-19 ou se ela, non faltarán á feira porque nin poden, nin queren, os de sempre.