CRTVG

Buscar

Este mes remata o abillamento da sidra, recuperando o xeito tradicional de facer esta bebida

Publicado o 24/03/2019 12:34

No Códice Calixtino, cando o peregrino entra en Galicia di: "Esta é unha terra rica en mel, leite e sidra". Sidra? preguntámonos cando o lemos. Pois si. A sidra era a bebida galega por excelencia ata que a burguesía e a aristocracia empezaron a beber viño influenciados por modas de fóra, e a sidra quedou relegada a un segundo plano ata case que desaparecer. Colleiteiros de moitos lugares están a recuperar a sidra galega feita de xeito tradicional. Como no lagar da Estrada que visitamos agora, no que acaban de rematar o abillamento, isto é, de meter a billa nas pipas.

Noticias web

24/03/2019