CRTVG

Buscar

Este mércores estarán en vigor as bonificacións a familias numerosas nas autovías A Coruña-Carballo e Puxeiros-Val Miñor

Publicado o 10/08/2021 11:50
Este mércores estarán en vigor as bonificacións a familias numerosas nas autovías A Coruña-Carballo e Puxeiros-Val Miñor

A partir de mañá empezan a aplicarse os descontos nas taxas das autoestradas autonómicas. En concreto, rebáixanse as peaxes nas vías entre A Coruña-Carballo e Puxeiros-Val Miñor. A viaxe de volta terá un desconto do 25 %, sempre que se realice o mesmo traxecto no día. No caso das familias numerosas, a volta sairalles gratis.

Baixan tamén as tarifas nocturnas: de medionoite a seis da mañá pagarase a metade da peaxe. Os descontos son acumulables e non se aplican en domingos nin festivos.

Noticias web

10/08/2021