CRTVG

Buscar

Este mércores abre o prazo para solicitar praza pública nas escolas infantís

Publicado o 23/03/2021 16:49

Abre o prazo para solicitar unha praza pública nas escolas infantís de Galicia. Poderase solicitar a partir deste mércores para calquera das 173 escolas públicas que a rede autonómica pon a disposición das familias para o curso escolar 2021-2022.

As escolas da Galiña Azul ofrecen este ano 10.383 prazas. Son 41 máis ca este ano, coa apertura da nova escola de Paderne de Allariz e a ampliación da de Salvaterra de Miño. Será ademais o segundo ano en que se aplique a gratuidade para o segundo fillo e sucesivos.

Noticias web

23/03/2021