CRTVG

Buscar

Este mediodía comezaron as tarefas para remolcar o buque varado en Ares

Publicado o 23/11/2019 15:20

 

 

Arestora tratan de remolcar o buque axudado por varios remolcadores. Estanlle axudando tamén cun cable sintético, semiríxido, pero o temporal e o mal estado da mar están dificultando moito o operativo. No interior do barco están aínda os 16 tripulantes. Lembremos que o buque acabou impactando coas rochas esta medianoite. A colisión non derivou en danos persoais para a ducia de tripulantes nin en danos medioambientes, xa que o buque non levaba carga no momento do encallamento.

Noticias web

23/11/2019