Este luns retómase a actividade lectiva presencial nalgúns centros educativos
Publicado o 24/05/2020 19:52

Coa estrea da segunda fase da desescalada retómase a actividade lectiva presencial nalgúns centros educativos.
En Galicia, este luns regresan ás aulas, con carácter voluntario, estudantes de segundo de bacharelato e de formación profesional. O profesorado do resto de cursos manterá a docencia telemática cunha novidade: a partir de agora poden acudir ao centro para impartir clases on line, utilizar recursos ou manter xuntanzas.
Tamén se autoriza a entrada das familias para recoller o material do alumnado nas quendas e horarios que estableza a dirección. O último día lectivo será o 19 de xuño.