CRTVG

Buscar

Este luns chegan a Madrid 230 afgáns que colaboraron co exército español durante os últimos 20 anos

Publicado o 11/10/2021 20:08
Este luns chegan a Madrid 230 afgáns que colaboraron co exército español durante os últimos 20 anos

España continúa evacuando os seus colaboradores de Afganistán. Esta noite chega un voo á base militar de Torrejón de Ardoz con 80 afgáns que axudaron ás forzas españolas durante os últimos 20 anos, e mañá está previsto outro con 150 máis. Todos eles abandonaron o país a través de Pakistán, onde foron recollidos e atendidos pola embaixada española. Como xa pasou cos evacuados en agosto, estes novos refuxiados serán acollidos en centros estatais, repartidos por toda España.

Noticias web

11/10/2021