CRTVG

Buscar

Este dron vixiará os puntos máis conflitivos das estradas galegas

Publicado o 05/08/2021 16:23

EFE

Non levar o cinto de seguridade e usar o móbil son dúas das infraccións que máis se repiten ao volante. Pero non son as únicas, saltos de stop, adiantamentos indebidos, detectalas a tempo pode evitar moitos accidentes. Esta é a misión do novo dron de vixilancia da DXT.

"É un complemento máis, onde a certificación do vo é un paso adiante noutras funcións dos axentes da Garda Civil, este novo dispositivo esperamos que vaia co obxetivo que buscamos reducir os accidentes e as mortes", asegurou o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones.

A aeronave voa por debaixo dos 120 metros de altura e nun radio de 500 metros, pero a súa cámara de alta resolución permítelle detectar infraccións a catro quilómetros de distancia.

"A vixilancia panorámica que temos, non so vixias un punto, ao ter mobilidade podemos vixiar distintos puntos conflictivos, treitos de liña continua, cruces perigosos", sinala o piloto Manuel Gamo.

Vixiarán sobre todo vías cunha alta incidencia de accidentes. No que levamos de ano 44 persoas perderon a vida nas estradas galegas.

Noticias web

05/08/2021