Este domingo renóvanse concellos, parlamentos e a Eurocámara
• Siga minuto a minuto as novidades da xornada en Galicia
• TVG fará unha programación especial, con 50 puntos en directo
Por terceira vez na historia, os españois eliximos o mesmo día o noso representante máis próximo, o concelleiro, e o máis afastado, o eurodeputado. Unha elección dobre que será tripla en doce comunidades autónomas, onde tamén renovan parlamento. Nas Baleares, as Canarias, no País Vasco e no Val de Arán tamén votan polos membros dos consellos, cabidos e xuntas xerais.
En Galicia, están en xogo as alcaldías de 313 concellos, un menos que hai catro anos pola fusión de Cerdedo e Cotobade. Eliximos algo máis de 3.700 concelleiros, nunha vintena de municipios haberá menos representantes pola perda de poboación. Só gaña un concelleiro San Cibrao das Viñas. En España, repártense ese día máis de 8.100 bastóns de mando.
Os 37 millóns de españois compartimos tamén ritual con outros 350 millóns de persoas. Son as que nos 28 membros da Unión elixiran os ocupantes do Parlamento europeo. España decidirá o nome de 54 dos 751 eurodeputados.