CRTVG

Buscar

Mantense a estabilidade na evolución da pandemia, con menos casos activos e menos contaxios

Publicado o 13/06/2021 15:10

• Nas áreas sanitarias galegas quedan 50 persoas ingresadas en planta e 14 en UCI

• Nos días vindeiros avanzarase na inmunización do colectivo de 40 a 49 anos

A melloría nos datos que determinan a evolución da pandemia en Galicia constátase en todos os parámetros. Segue caendo a cifra de pacientes con infección activa, con 55 persoas menos, e os contaxios baixaron a 79 detectados. A Coruña e Vigo son as áreas que máis rexistran, arredor dos 20. Lugo segue por enriba da súa media das últimas semanas, con 16 casos. Ourense detectou dez e Santiago Pontevedra e Ferrol mantéñense nas cifras máis baixas.

A situación nos hospitais mantense estable. Hai 15 pacientes nas UCI e as áreas que máis críticos teñen son as da Coruña, Vigo e Ferrol, con tres enfermos en cada unha. Son cifras moi afastadas ás que tivemos nos primeiros meses do ano, cando estas unidades chegaron a superar os 250 enfermos críticos.

En planta, a situación é similar á destes días, con 53 hospitalizados. Nas últimas horas non se notificaron falecementos.