CRTVG

Buscar

Este domingo comeza en Rusia o Mundial de Motocrós

Publicado o 11/06/2021 10:40

Jorge Prado: "Este ano vou cunha moto feita ao 100 % para min"

O domingo comeza o Campionato do Mundo de MXGP 2021, coas dúas primeiras probas en Rusia, ás 12:00 e 15:00 horas respectivamente. Poderán seguilo na nosa segunda canle.

Jorge Prado chega "superconfiado e con moitas ganas de que comece o Mundial", despois dunha pretemporada da que pode facer un balance positivo.

O piloto lucense confía nas súas posibilidades porque este ano vai "cunha moto feita ao 100 % para min e tiven tempo para poñela a punto ao meu gusto".

"Imos dalo todo, e alí vos espero", concluía Prado.

Noticias web

11/06/2021